A Biblioteca de Verín acolle a presentación do ‘Anuario Fol de Veleno nº4’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O xoves 27 de novembro, ás 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación do ‘Anuario Fol de Veleno nº4’, a cargo de Rafa Quintía Pereira e Miguel Losada García, presidente e secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).

A SAGA leva editando este anuario dende o ano 2011 e no mesmo teñen publicado as súas obras uns corenta autores tanto galegos como do resto do estado, ademais de investigadores de Portugal, Francia e Italia. A cabeceira Fol de Veleno sirve de medio de expresión tanto a autores de ampla traxectoria e recoñecido prestixio como a outros que empezan nesta publicación o seu percorrido no xénero do ensaio de divulgación. Todos os artigos publicados, e esta constitúe unha norma editorial, son creacións inéditas ou primeiras adaptacións á lingua galega dos traballos dalgúns autores.

Fol de Veleno, Anuario de Antropoloxía e Historia de Galicia, pretende ser unha contribución concorrente co esforzo colectivo orientado a poñer de manifesto a magnitude da súa cultura que a sociedade galega desenvolve actualmente. Xunto co Anuario Fol de Veleno, a oferta editorial da SAGA complétase polo de agora cas seguintes publicacións: SAGA Revista electrónica de Investigación (publicación on line), Boletín Cadernos de Campo da SAGA (publicación cuadrimestral on line), Monografías da SAGA (publicación cuadrimestral en papel), e Cadernos da Sociedade Antropolóxica Galega SAGA (publicación cuadrimestral en papel).

A SAGA ten editado e publicado, co seu selo, varios libros e documentais , sendo o mais recente o titulado:  O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega de Rafa Quintía, que xa foi presentado o pasado ano na Biblioteca de Verín. Tamén podemos destacar a triloxía audiovisual: Construcións vexetais efémeras do val do Río Tomeza (Gafos) realizada en Pontevedra.

25 de novembro de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.