A biblioteca de Praza de España acolle a exposición bibliográfica “O humor gráfico e Ferrol”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza na Biblioteca Municipal da Praza de España a exposición bibliográfica “O humor gráfico e Ferrol”. A mostra está instalada na sala de exposicións situada no terceiro andar e estará aberta de luns a venres, en horario de 09:00 a 21:00 horas, ata o 13 de marzo de 2015.

A exposición amosa o humor como unha actitude ante a vida, unha maneira peculiar de responder a unha situación, en definitiva, algo consubstancial a todas as culturas e os tempos. Esta característica permite reunir nunha mesma sala autores e obras aparentemente dispares e que amosan unha maneira propia de sentir e ver as cousas. Visións diferentes dunha mesma realidade.

O humor gráfico é a combinación maxistral da imaxe e o texto para transmitir o sorriso ao lector. Ao longo dos anos, conseguiu atopar o seu sitio en periódicos e revistas de todo o mundo, introducindo unha nota crítica e reflexiva. Os artistas, testemuñas do seu tempo, e tras moita reflexión, deixan constancia nos seus debuxos do que ven no seu contorno. A exposición tamén recollerá o 50 aniversario de Mafalda.

19 de novembro de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.