A biblioteca de Ferrol acollerá un curso sobre intelixencia social e liderado entre novembro e marzo
A Biblioteca Municipal de Ferrol acollerá do 25 de novembro ao 3 de marzo de 2015 un curso sobre intelixencia social e liderado. A acción formativa terá lugar os martes e xoves, en horario de 19:00 a 21:00 horas, na Sala Audiovisual (3º andar). Os interesados en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 21 de novembro na planta baixa da Biblioteca Municipal Central.
Esta formación sobre intelixencia social e liderado, cunha duración de 40 horas, será impartida por David Pastrana Sánchez. Os contidos versarán sobre conceptos como comunicación, xestión do tempo, traballo en equipo, motivación, decisión, proceso directivo, madurez ou cambio. A programación de conferencias é a seguinte: 25 de novembro; 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de decembro; 13, 15, 20, 22 e 27 de xaneiro de 2015; 3, 5, 10, 12, 17, 19 e 24 de febreiro; e 3 de marzo. En total, o curso terá unha duración de 40 horas impartidas en 20 días.











