A biblioteca central de Ferrol acolle unha sesión de contacontos coa narradora Noelia Soriano
A Biblioteca Municipal Central de Ferrol celebra mañá venres unha sesión de contacontos coa presenza da narradora Noelia Soriano. Esta actividade gratuíta, promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dará comezo ás 18:00 horas na sala infantil e xuvenil da Biblioteca Municipal Central, situada na praza de España.