A Banda Municipal de Lugo ofrece un concerto na Praza Maior este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, da que é responsable Carmen Basadre, organiza este vindeiro domingo, día 9 de novembro, un un concerto que ofrecerá a Banda Municipal de Lugo na Praza Maior.

A Banda, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, actuará, a partir das 12.30 horas, e interpretará o seguinte programa:

– “Os sete infantes” (pasodobre), de J.Vázquez

– “A orillas do Danubio Azul” (valses), de Johann Strauss

– “Unha noite en Calatayud” (poema), de Pablo Luna

– “Cádiz” (2º acto), de Chueca e Valverde

– “Second suite in f” (suite), de Gustav Holst

– “De Andalucía a Aragón” (pasodobre), de Teixidor.

7 de novembro de 2014 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.