A Banda de Música de Santiago clausura o Ciclo de Outono

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Este domingo 30, a Banda Municipal de Música ofrece un concerto no Teatro Principal ás 12:00 horas, co que clausurará o Ciclo de Outono. Estará dirixida polo director convidado David Fiuza, que ofrecerá un interesante percorrido histórico pola música orixinal para banda. O concerto, titulado Un histórico paseo europeo, é unha viaxe cronolóxica por distintas épocas, estilos e lugares de Europa, seleccionando algunhas das obras máis emblemáticas do repertorio orixinal europeo. Abrangue un percorrido de 130 anos, pasando por Italia, Inglaterra, Rusia, Francia e Galicia.

28 de novembro de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.