publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Baña acondiciona as áreas recreativas de Agra de Chans, Fiopáns e Lañas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+
Actuacións en Agra de Chans

Actuacións en Agra de Chans

O Concello da Baña está a acondicionar e  restaurando as áreas recreativas de Agra de Chas, nas proximidades da capital do Concello, a de Fiopáns e a de Lañas. A actuación, impulsada  con apoio aos alumnos-traballadores participantes no Obradoiro de Emprego Barcala-Dubra, desenvólvese tamén na contorna destas tres áreas recreativas. Os traballos de actuación nesta zona, que comezaron esta semana e estenderanse durante os próximos días, son desenvolvidos polos 10 alumnos que participan na especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e polos 10 alumnos da especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

O Concello pretende deixar listas e restauradas estas tres zonas de lecer para goce da poboación. Ademais do acondicionamento e restauración das tres áreas recreativas da Baña, os participantes no Obradoiro de Emprego, promovido polos Concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra, tamén acometerán operacións de roza en pistas municipais e actuacións de mantemento e limpeza en zonas axardinadas lindantes con edificios municipais. O alumnado-traballador tamén acometeu ou acometerá con outras actuacións en Negreira e Val do Dubra.

19 de novembro de 2014 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.