A Asociación Veciñal de Amorín colabora co Concello de Tomiño no Nadal Solidario
Un ano máis, o Concello de Tomiño organiza en colaboración coas asociacións do municipio, o Nadal Solidario. A Asociación Veciñal de Amorín axudará ás concellerías de Cultura e Benestar Social do Concello de Tomiño, coa recollida de xoguetes, libros e alimentos non perecedoiros, cuxo prazo permanecerá aberto até o día 15 de decembro.
Os xoguetes non bélicos e libros de lectura serán distribuídos a través dos Servizos Sociais do Concello, entre persoas demandantes desta prestación social.
Os alimentos non perecedoiros serán distribuídos a través de SOS Tomiño, entre as persoas usuarias desta entidade.
Colaboran ademais as asociacións de veciños/as de Pinzás, O Árbol, Os Medos, San Salvador de Sobrada, San Miguel de Taborda, Forcadela, Goián, Rego da Salgosa; de Mulleres Maraghozo e Mulleres Rurais; Centro de Figueiró, cultural Escola Virxe do Alivio e Alecrín, de Carregal; Paso a Paso, ADETO, Banco de Tapóns, Escola Infantil Galiña Azul e Comparsa Ciklon.











