publicidade hoxe

A Asociación de Empresarios de Muimenta pon en marcha un novo concurso de tapas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da parroquia, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Tapas de Muimenta, que alcanzará a súa décima edición e que terá lugar entre os vindeiros xoves 4 de decembro e o domingo 7 de decembro, ambos dous días inclusive.

>o horario do mesmo será entre as sete da tarde e as once da noite

>o prezo por tapa non se modificará e continuará no 1,50 €ur. (como nas últimas edicións)

>participarán sete bares (relación ao final da presente nota cos teléfonos incluídos), que recibirán un diploma acreditativo (como ven sendo habitual dende a primeira edición)

>coma sempre, habrá dous locais gañadores, a mellor tapa según o voto do público e outro según o voto profesional, os cales non poderán recaer no mesmo negocio.

>manténse a posibilidade de utilizar o coñecido como “comodín”, que che permitirá deixar un local sen facer dos sete participantes e poder optar igual ao premio do rosco da ruta.

>tamén, a puntuación do xurado profesional, repartirase ao 50 % entre o voto que emitan os propios bares participantes, sendo a outra metade da puntuación a que emita os membros da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios, como se ven facendo dende a edición do mes de decembro do 2.013.

>mantense o microbús de Autocares Darriba que percorrerá cada media hora, a partir das 7 da tarde para facer a ruta para que non se teña que usar o coche.

>O público participante optara a premios, por un total de 600,00 € (seiscentos euros), que se distribuirán da seguinte maneira:

– tres vales con un valor de 100,00 € (cen euros) cada un deles, ao voto individual – ditos vales deberán ser canxeables nos negocios que son socios do colectivo empresarial de Muimenta.

– un vale por valor de 300,00 € (trescentos euros) ao rosco, é dicir, tarxeta selada nos sete bares participantes, que faga a ruta compreta ou utilice a figura do comodín; este premio tamén en forma de vale a consumir nos negocios integrantes do colectivo empresarial da vila.

Nas anteriores edicións despacháronse o seguinte número de tapas:

2.014, en agosto, foron 5.869 tapas as despachadas e 377 roscos, nun total de 6 días, nos que se celebrou a novena edición.

2.013, en decembro, foron 3.849 tapas as despachadas e 345 roscos compretos, nun total de 4 días nos que se celebrou a oitava edición.

2.013, en agosto, foron 5.608 tapas as despachadas e 391 os roscos compretos do concurso, nun total de 6 días nos que se celebrou a sétima edición.

2.012, na súa edición de decembro, foron 2.890 votos e 211 roscos, edición que solo durou catro días.

2.012, en agosto, foron 4.473 tapas e 357 roscos, nun total de sete días de celebración da V edición

2.011 – 4.011 tapas entre os sete días que durou o concurso e 357 roscos

2.010 – 3.494 tapas, nos cinco días que durara o concurso, sendo 242 os roscos.

2.009, en decembro, foran 2.626, en seis días de duración e 118 roscos

2.009, en agosto, foran 2.031 tapas e 132 roscos – aumentando edición tras edición os números de participantes, consolidándose un dos primeiros concursos de tapas que se celebrou na comarca.

Os bares participantes desta nova edición:

Abuelo – 639 412 397

Alvariño – 982 528 017

Anllo – 982 528 069

Burbujas – 665 535 784

Cabuxo – 607 226 055

Cruña – 636 980 155

Latino – 659 677 758

Colabora a Deputación Provincial de Lugo, Concello de Cospeito, El Tesoro e Autocares Darriba

Organiza: A Asociación de Empresarios de Muimenta.

Campaña de Nadal

A VI edición da campaña de Nadal comenzará o vindeiro luns 1 de decembro e rematará o vindeiro luns 5 de xaneiro do 2.015:

os premios a repartir serán dez vales, a consumir nos negocios que pertencen ao colectivo empresarial, de cen euros cada un deles, ao donos das papeletas que coincida cos tres últimos números do primeiro da Lotería de Reis que se celebra o día martes 6 de xaneiro do 2.015.

22 de novembro de 2014 | 12:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.