A Asociación ‘Amigos da Música’ visita o xeodestino da Ribeira Sacra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Oficina de Información Turística do Concello de Verín xunto coa Asociación Verinense ‘Amigos da Música’ participan no programa “Coñece a provincia de Ourense”, promovido polo Inorde e a Deputación Provincial de Ourense.

Por este motivo, mañá sábado integrantes desta asociación verinense formarán parte dun amplo programa turístico pola Ribeira Sacra, que inclúe a visita aos mosteiros de San Pedro de Rocas, Santo Estevo, Santa Cristina e Montederramo, ademais do Miradoiro de Cabezoas e os Balcóns de Madrid. A saída está prevista ás 10 horas desde Verín e a chegada ás 19, realizarase unha parada en Nogueira de Ramuín para o almorzo.

Nesta excursión os/as asistentes poderán descubrir lugares emblemáticos, moitos deles descoñecidos para algúns verinenses, de aí esta iniciativa por parte da Deputación Provincial de Ourense. Trátase dunha actividade gratuíta para a dinamización turística da provincia e na que colaborou a Oficina de Información Turística do Concello de Verín.

28 de novembro de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.