A área de Xuventude de Ourense fomenta a fotografía entre a mocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense oferta á mocidade ourensá un Obradoiro de teoría e técnica fotográfica, que se desenvolverá os martes e xoves, dende o 25 de novembro ata o 18 de decembro.

A actividade, gratuíta, está dirixida a mozos e mozas de 15 a 35 anos, sen coñecementos previos ou cun nivel amateur, e inclúe dende os fundamentos básicos ate unha comprensión máis profunda da fotografía, xunto cun breve repaso da historia desta arte. Para participar é preciso contar cunha cámara fotográfica, preferiblemente dixital.

Este obradoiro inicia as actividades do programa “Xpresion-arte”, que pon en marcha a Concellería de Xuventude do Concello de Ourense, e que ten como obxectivo fomentar as artes plásticas e escénicas entre a mocidade ourensá, con propostas adicadas á fotografía, audiovisuais, danza, teatro, entre outras.

Os mozos e as mozas que desexen participar poderán inscribirse dende o vindeiro luns, 17 de novembro, na Concellería de Xuventude, a través do correo electrónico espazolusquinhos@ourense.es, ou obter máis información na Praza de San Martiño, teléfono 988388154.

O curso desenvolverase no local da Agrupación Miño, na rúa Doutor Marañón, 6, baixo, os martes e xoves desde o 25 de novembro ata o 18 de decembro, de 17,00 a 20,00 horas. En caso de haber prazas baleiras, poderán inscribirse tamén maiores de 35 anos.

14 de novembro de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.