A área de Igualdade do Carballiño pon en marcha un curso de formación para varóns maiores de 16 anos
Co obxectivo de mellorar a corresponsabilidade doméstica no fogar, a Área de Igualdade do concello do Carballiño, pon en marcha un curso de formación para varóns maiores de 16 anos nesta semana do 3 ao 7 de novembro.
Profundizarase na realización das tarefas de xeito resolutivo, efectivo e productivo así como no proceso de sensibilización e toma de conciencia dos participantes. Abordaranse contidos teóricos sobre a relación sexo-xénero, a influencia do xénero no reparto do traballo doméstico, etc… e prácticos: cómo pasar o ferro, dobra-la roupa, coser o indispensable, facer a colada, dividir o lixo para ser reciclado,…
A presentación terá lugar no local da empresa onde se realizará o curso: CELAYA S.L. sito na R/Xulio Rodríguez Soto núm 14, entrechán, o vindeiro luns, ás 16.00 horas, e contará coa presenza do noso Alcalde Argimiro Marnotes Fernández a da Concelleira da Área de Igualdade Purificación Alberte Iglesias.
Dita actividade está cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo grazas á subvención concedida ao concello do Carballiño para a promoción da igualdade.











