A alcaldesa de Marín visita a execución de asfaltados en Castro
Esta mañá realizouse unha visita ás obras de asfaltado na zona de Castro. As obras realízanse en colaboración coa maquinaria da Deputación que está a asumir a reparación de viais moi transitados, estratéxicos, solicitados polos veciños e que se atopaban en moi mal estado.
“Levamos varias actuacións en diferentes lugares que foran solicitadas previamente, entre elas é necesario mencionar o arranxo da Barriada de Beneficiencia en San Pedro, o viario que une Cruceiro do Vento en Mogor até a Moreira, o viario que une Baguin e o viario provincial de Castro e varias actuacións que se están acometendo como o camiño coñecido como do Escorial.” indican dende o Concello.
É verdadeiramente importante o aproveitamento da axuda da maquinaria provincial que está a conseguir acometer zonas que verdadeiramente estaban esquecidas, que soamente se puideron bachear e rozar nalgúns dos seus tramos peores, pero que agora presentarán un aspecto importante nunha zona do plan que está cualificada como chan urbano cuns importante núcleos de vivendas unifamiliares.











