A alcaldesa de Marín participa na entrega de material da campaña contra a violencia de xénero

A alcaldesa de Marín participa na campaña contra a violencia de xénero
A Alcaldesa María Ramallo, a Concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, xunto co persoal do CIM, e representantes do Consello Municipal da Muller, fixeron entrega hoxe no Mercado Municipal, do material elaborado para a conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Co obxectivo de seguir traballando na sensibilización e prevención da violencia de xénero coa cidadanía en xeral, levouse a cabo o reparto de máis de 1000 chaveiros, xunto co Programa dos actos conmemorativos de este ano, que inclúen a CAMPAÑA MANS VIOLETAS para os centros educativos e comercios de Marín.
O día 25 de novembro ás 13:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, farase entrega dos Premios Lazo Violeta, que nesta edición recaen no Estamento Xudicial e a Avogacía, como recoñecemento ao seu labor profesional na loita contra a violencia de xénero. Neste acto, farase tamén entrega de máis chaveiros conmemorativos.
Así mesmo, dentro dos Actos que se desenvolverán, sinalar que o día 28 de novembro ás 20:30 horas no Instituto Illa de Tambo, terá lugar a representación da obra de teatro, “Tacóns na Corda”, a entrada é libre.
Dende o día 2 ao 15 de decembro no Museo Municipal “Manuel Torres”, estará aberta ao publico a exposición itinerante “Cartas de Amor: 14 artistas contra a Violencia de Xénero”, que promove a Secretaría Xeral de Igualdade.











