A AECT Eurocidade Chaves-Verín acolle a xornada ‘Novo Período de Programación 2014-2020’
A sede da AECT Eurocidade Chaves-Verín acollerá na xornada de mañá, a Xonrada ‘Novo Período de Programación 2014-2020’ , organizada pola Fundación Galicia Europa, co apoio de D.X. de Xuventude e Voluntariado, Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Instituto Português da Juventude e do Desporto (IPDJ) e a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís (FNAJ), socios do proxecto EMPRENDE e coa colaboración do Gabinete da AECT Eurocidade Chaves – Verín.
A mesma arrancará ás 10.30 horas coa inauguración por parte de António Cabeleira, presidente da AECT Chaves-Verín e da Câmara Municipal de Chaves, e continuará con relatorios por parte de Xosé Lago García (subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteriza), António M. Machado (Associaçâo de Desenvolvimento da Regiâo do Alto Tâmega -ADRAT-), Ana Ladeiras (directora proxectos – Media Services and Business Consulting) e Ismael Morán (xestor operativo e financeiro do Programa Espazo Atlántico). Esta xornada está destinada á novos empresarios, emprendedores, traballadores, estudantes e parados con espírito emprendedor, de entre 18 e 30 anos.
Enmarcado na actividade de axudas a iniciativas xuvenís emprendedoras, na acción de apoio á internacionalización, a xornada ‘Novo Período de Programación 2014-2020’ ten por obxecto informar, asesorar e promover novos programas de financiamento, novas ideas e proxectos aos/ás mozos/as de Galicia e o Norte de Portugal. É dicir, achegar os programas de cooperación territorial a unha poboación que non sempre ten ao seu alcance esta oportunidade, unha oportunidade para que a xuventude coñeza de primeira man cales son a novas liñas de traballo na política rexional europea e cales son as novas liñas de financiamento e poidan contactar directamente cos xestores que as dirixen.
Proxecto Emprende
“Xóvenes Emprendedores da Eurorrexión”, nome completo desta iniciativa, busca facer deste territorio un espazo atractivo para o asentamento ou desenvolvemento de novas actividades económicas e empresariais por parte dos/as mozos/as.
Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Instituto Português da Juventude, Confederación Empresarios de Galicia, Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal e Fundación Galicia Europa.
O proxecto EMPRENDE está adscrito ao Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, dentro da área de cooperación Galicia-Norte de Portugal, e conta cun presuposto total de 727.313,26 euros, cun 75% a cargo de FEDER no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. Os seus obxectivos son a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e a convertan nun lugar atractivo para a actividade económica e os investimentos.
A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).











