A AECC recolle a colaboración do Rio Natura Monbus Obradoiro no Día Mundial contra o Cancro de Mama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Acto de entrega

Acto de entrega

O Rio Natura Monbus Obradoiro fixo hoxe a entrega á Asociación Española Contra o Cancro do recadado mediante a venda de rifas no partido celebrado no Fontes do Sar fronte ao Gipuzkoa Basket, coincidente co Día Mundial contra o Cancro de Mama.

O acto tivo a presenza do xogador Haris Giannopoulos, que foi o encargado de recibir a Luz Hernández, presidenta da Xunta local da asociación en Santiago de Compostela e a Antonio Guerreiro, vicepresidente da mesma. A eles entregoulles o recadado durante o citado encontro coa venda de rifas para un sorteo dunha noite para dúas persoas nun hotel con selo Galicia Calidade.

Os representantes da asociación tamén recibiron os donativos recadados nos diferentes actos organizados polo Multiusos Fontes do Sar no mesmo día despois do partido, encabezados polo exitoso maratón deportivo que tinguiu a pista do pavillón de rosa.

5 de novembro de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.