A adaptación de “Cyrano de Bergerac” chega ao Teatro Jofre cunha mistura de comedia, loita de espadas e novas tecnoloxías
A compañía L´Horta Teatre representa este domingo, día 30 de novembro, no Teatro Jofre a adaptación do popular “Cyrano de Bergerac” dentro da programación cultural do Concello de Ferrol. A función dará comezo ás 18:00 horas e as entradas para asistir ao espectáculo poderán adquirirse no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).
Esta adaptación do popular Cirano de Bergerac de Edmond Rostand actualiza o seu argumento pero mantén a esencia e os valores da obra orixinal. A compañía L´Horta Teatre presenta un espectáculo de gran forza teatral que mistura o espírito de aventura, as loitas de espadas, a comedia e as novas tecnoloxías.











