A actriz Sabela Arán inaugura o Nadal nas Cancelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Este sábado comeza oficialmente o Nadal nas Cancelas co aceso de luces ás 18:30h na Planta 1 e coa actriz Sabela Arán, da película A Esmorga, como convidada de honra e con quen os asistentes poderán fotografarse.

Ademais, todos os visitantes que efectúen unha compra por valor superior a 10 € en calquera dos establecementos do centro comercial entre o 29 de novembro e o 21 de decembro, entrarán nun sorteo para levar a casa o Gran Escaparate de Nadal das Cancelas, situado en Planta Baixa e composto por unha gran variedade de produtos e valorado en 6.500 €.

Serán un total de de 38 agasallos, entre os que destacan unha Tv LED de 60″ Sharp, unha consola PS4 con xogos, unha gran cesta de Nadal con produtos do Nadal, cartóns regalo de Primark, Adidas, Orchestra e Amichi, 1 ano gratis de cine, unha Tablet Samsung Galaxy, un reloxo Guess de señora, un reloxo Police de cabaleiro, xoguetes, un xogo de maletas de Paco Martinez ou unha depiladora láser, entre outros.

Para poder optar ao premio bastará con presentar os seus tickets de compra no Punto de Atención ao Cliente xunto co Cartón Premium das Cancelas, obtendo deste xeito unha participación por cada 10€ de compra. A persoa cuxo número de participación coincida cos 4 últimos números na orde exacta do Primeiro Premio da lotaría de Nadal do 22 de decembro será a afortunada. Se nos 7 días seguintes ao sorteo non aparecese ningún gañador o proceso repetiríase co sorteo do neno.

28 de novembro de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.