publicidade hoxe

Xuntanza sobre o PXOM de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa da Cultura de Neda acollerá mañá martes ás 20 horas unha xuntanza sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) dirixida aos propietarios ou particulares interesados na propiedade de fincas ubicadas en terreos urbanizables ou urbanos non consolidados de zonas das Edradas, Casadelos, Finca Rivero, Buhída-Balbís e Valle-Inclán. Incluída na ronda de charlas informativas organizadas polo goberno municipal de Neda que dirixe Ignacio Cabezón para dar a coñecer o documento, nela participará o arquitecto municipal, Francisco Cernadas. E, o seu obxectivo, non é outro que darlles conta dos cambios que contempla o novo PXOM en relación a estas fincas. O Concello lembra, en todo caso, que a fase de exposición pública concluirá o 5 de novembro (incluído).

20 de outubro de 2014 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.