Xove únese ás celebracións polo Samaín
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, celebra o Samain. Esta festa tradicional vai desenvolverse na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Xove (OMIX) con arranxo ao seguinte programa:
– Xoves 30 de outubro: dende as 17:00 horas, traballo de baleirado de cabazas.
– Venres 31 de outubro: dende as 17:00 horas, decoración das cabazas e realización de diferentes xogos relacionados co Samaín.
Estas actividades están dirixidas para rapaces e rapazas do Concello, de idades comprendidas entre 9 e 18 anos, contándose cunha participación cercana aos rapaces.











