publicidade hoxe

Xove acolle un curso de prevencións de riscos laborais en explotacións agrogandeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Este curso, que comezou o pasado luns 20 e vai rematar o venres 24 deste mes de outubro, estase a desenvolver na Oficina de Turismo de Xove en horario de tarde. No mesmo participan 20 persoas de Xove, todos propietarios e relacionados co mundo agrogandeiro. O curso foi organizado polo ISSGA da Consellería de Traballo e Benestar, e contou coa colaboración do Concello de Xove e do Ministerio de Agricultura e Medioambiente.

Destinatarios: persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso, con residencia ou centro de traballo actual ou anterior nalgún dos concellos incluídos nos plans de zona.

Lugar: Oficina de Turismo Xove, Avda da Diputación s/n, 27870 Xove – Lugo

Modalidade: presencial

Datas: do 20 de outubro ao 24 de outubro

Horario: de 16:00 h a 20:00 h

Duración: 18 h

Número de prazas: 20

22 de outubro de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.