publicidade hoxe

Xornadas micolóxicas en Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

O domingo 26 de outubro no Parque Náutico de Castrelo de Miño darase continuación ás IV Xornadas Micolóxicas de Castrelo de Miño que comezan o sábado día 25 de outubro.

Durante a Feira de 11 a 12 horas haberá a identificación e clasificación dos cogumelos recollidos na xornada anterior e a partires das 12 unha demostración culinaria e degustación. Estades todas e todos convidados.

E como xa é habitual no recinto feiral do Parque Náutico haberá:

– Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e  hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de  alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…)

– 25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño.

– Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.

22 de outubro de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.