publicidade hoxe

Xornada de boas prácticas para a xestión ambiental das empresas no Polígono Sete Pías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés informou hoxe da celebración o vindeiro 30 de Outubro as 16:00 horas da 1ª Xornada de Boas Prácticas para a Xestión Ambiental das Empresas” na súa sede, no Edificio Multiusos do Polígono Sete Pías (Cambados).

Este proxecto, que recibiu a financiación do IGAPE dependente da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA da Xunta de Galicia, quen a través da RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2013 pola que se lle da publicidade ao acordo do Consello de Dirección do IGAPE, que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape de apoio ás Iniciativas Abertas de Difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, ten como obxectivo, concienciar sobre a Xestión Ambiental Empresarial. Aportar información sobre axudas e sobre métodos e sistemas de xestión ambiental para empresas e organizacións. Tratar a problemática e os requisitos legais no referente a residuos industriais e ofrecer posibles solucións.

A consideración dos problemas ambientais na xestión das empresas e organizacións pasou de ser un tema pouco considerado a desempeñar un papel relevante no mundo empresarial actual. 

O cambio no rol desempeñado por este tipo de cuestións foi propiciado por cambios no contexto competitivo que afectan ás empresas desde diferentes perspectivas:

– O desenvolvemento de lexislación relacionada co control do nivel de emisións e verquidos

– O incremento das obrigas de información con respecto a asuntos relacionados co medio

– O auxe da demanda dunha maior transparencia e compromiso por parte dos axentes cos que ser relacionan as empresas,

– A consciencia de que as relacións con diferentes colectivos -accionistas, clientes, traballadores, a comunidade…- e co medio, forman parte do valor da empresa, e que esta ten obrigas para e con eles. 

As empresas comezan a considerar que a sostibilidade ofrece un modo de diferenciarse nos mercados, e asumen que a xestión da sostibilidade desde unha óptica proactiva repercute directamente na súa rendibilidade, o que contribúe a incrementar a súa productividade e competitividade.

A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés, xa o ano pasado puxo en marcha con éxito un proxecto pioneiro na recollida de residuos industriais valorizables, o denominado Plan Valoriza, no que participan mais dun tercio das empresas dos polígonos que a compoñen, Sete Pías e Ribadumia.

Na mesma liña, con estas xornadas a Asociación plantexase seguir avanzando cos obxectivos de

– Dar a coñecer aos profesionais as ferramentas que facilitan a xestión ambiental empresarial das súas empresas así como a lexislación vixente

– Difundir a importancia da mellora da xestión da protección ambiental e o enorme interese que  tén no sector empresarial

– Compartir experiencias, problemáticas e posibles solucións.

Destinatarios: Emprendedores, profesionais e responsables da xestión da protección ambiental no sector empresarial

Os interesados deberán inscribirse contactando coa Asociación de Empresarios a través do enderezo electrónico ou por teléfono.

28 de outubro de 2014 | 20:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.