Xisela Aranda proclámase campioa da Copa España Absoluta de Squash

Xisela Aranda
A pentacampeona de España desprazouse até Tenerife para disputar a Copa de España absoluta de squash co obxectivo de seguir facendo historia neste deporte, e alzarse coa copa nacional por sexto ano consecutivo.
A xogadora viguesa pertencente ao club Squash Pontevedra chegaba como favorita a este torneo; cumprindo todos os prognósticos conseguiu chegar á final que se disputaría o domingo.
Na final Xisela (Squash Pontevedra) enfrontaríase á murciana Cristina Gómez. Esta final non se puido disputar xa que as choivas torrenciais provocaron cortes eléctricos e pistas con manchas de auga que obrigaron por unánime acordo dos xogadores e organizadores a suspender as finais, e repartir título, premios e os puntos de maneira equitativa. De todos os xeitos foi un torneo excelente en canto á organización, o trato aos xogadores e o comportamento.
Xisela declaraba: “Deume moita rabia non poder disputar a final, xa que viña moi ben preparada para este torneo e tiña moitas ganas de xogalo; os caprichos da natureza”.
A próxima cita da viguesa será o Campionato do mundo de seleccións que se disputará no mes de decembro en Canadá.
“É unha cita que me fai especial ilusión xa que é o torneo máis importante dentro do mundo do squash, poder estar alí e disputalo é o soño de calquera xogadora”











