publicidade hoxe

Xestur comprométese a desenvolver o parque empresarial de Fragamoreira cando exista demanda acreditada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoio
A-
A+

O parque empresarial de Fragamoreira, en Poio, continúa entre as prioridades da empresa pública Xestur, sempre que se acredite a demanda mínima necesaria para o desenvolvemento de novos parques empresariais que marca o decreto polo que se regula o Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial, segundo lle comunicou hoxe ao alcalde da localidade o coordinador de Xestur para a zona sur nunha reunión ao efecto.

A realidade a día de hoxe é que non existe demanda acreditada que xustifique o desenvolvemento do parque empresarial de Fragamoreira, tal como o demostra o feito de que o Rexistro de Demandantes se abrise para este parque empresarial en xuño de 2013, sen que se rexistrase dende entón nin unha soa inscrición no mesmo. A normativa que rexe o devandito Rexistro de Demandantes indica que se poderá iniciar o desenvolvemento dun parque empresarial cando exista un 30 por cento de demanda acreditada a través do mesmo.

En 2009 o equipo de goberno atopou un proxecto de parque empresarial en Poio no que unicamente se executara o 11 por cento do orzamentado entre 2007 e 2009, cun Plan Parcial bloqueado pola existencia de informes desfavorables ao mesmo por parte de diversas administracións.

Xestur conseguiu desatascar a situación e o Plan Parcial puido ser aprobado definitivamente a mediados de 2012, despois de realizar diversas melloras no mesmo. Paralelamente, e a petición do concello, Xestur redactou dous novos estudos referidos á conexión exterior da rede de abastacemento do parque empresarial e outro de conexión coa rede de saneamento.

Unha vez aprobado definitivamente o Plan Parcial, Xestur iniciou os traballos, en colaboración con técnicos do concello, para a redacción do proxecto de urbanización, proxecto que foi rematado en 2013, así coma o proxecto dos servizos exteriores.

Como xa se indicou, a mediados de 2013 abriuse o Rexistro de Demandantes para o parque empresarial de Fragamoreira, sen que se presentase ningunha solicitude de inscripción, extremo que lle foi comunicado ao concelleiro de Urbanismo e á teniente de alcalde de Poio nunha xuntanza celebrada na oficinas de Xestur a finais de outubro de 2013.

Os feitos expostos demostran que en todo momento Xestur mantivo o seu compromiso con desenvolvemento do parque empresarial de Fragamoreira, condicionando, como sucede no resto de Galicia, á existencia de demanda de solo suficiente e acreditada a través do Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial.

 

28 de outubro de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.