Víctor Riobó consegue a medalla de prata no Nacional de Milla en Ruta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

Na localidade murciana de Porto Lumbreras celebrouse o último Campionato de España da tempada, o da especialidade de milla en ruta, onde acudiu o atleta da Sociedade Ximnástica, Víctor Riobó, que nos últimos dous anos fora campión e subcampión da competición.

Víctor fixo valer a súa etiqueta de favorito e non se lle escapou o podio, conseguindo unha magnífica medalla de prata no sprint final, asinando en meta 4 minutos e 14 segundos e escapándoselle o ouro por un escaso segundo; aínda así contento polo premio do podio á gran carreira que realizou.

Con este Campionato, a Sociedade Ximnástica firma unha das súas mellores tempadas, totalizando 199 medallas nos todos os Campionatos individuais oficiais, das cales 32 foron en Campionatos de España.

26 de outubro de 2014 | 20:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.