Verín acollerá o seu cuarto pleno infantil o 28 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O 28 de novembro terá lugar, no salón de actos da Casa da Cultura de Verín, a cuarta edición do Pleno Infantil, destinado a conmemorar o Día da Infancia.

Nesta iniciativa, organizada por UNICEF e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, os/as protagonistas de esta sesión plenaria serán os/as alumnos/as de centros educativos do municipio de Verín, en concreto, os de 6º de Primaria dos colexios Princesa de España, Amaro Refojo e María Inmaculada e de 1º de ESO do centro Apostólico Mercedario.

Durante o pleno, no que terán que representar os valores da democracia, converteranse en concelleiros/as e elixiran a un alcalde ou alcaldesa para o que resta de ano escolar. Os/as nenos/as cambiarán o xiz e os pupitres polas actas de concelleiros/as co propósito de coñecer os seus dereitos e deberes, así como o funcionamento das sesións plenarias municipais. O mesmo será presidido polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, que entregará o bastón de mando ao elixido ou elixida. Ao finalizar, os/as alumnos/as realizarán una visita guiada polas dependencias do Concello de Verín.

Nesta ocasión os/as participantes nesta sesión plenaria buscarán a sinatura dun pacto sobre os/as nenos/as e adolescentes en España, no que se inclúan as seguintes cuestións: familias felices, saúde e benestar, participación social, entorno saudable ou educación inclusiva, entre outras.

30 de outubro de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.