publicidade hoxe

Veciños e usuarios denuncian a intervención parcial na estrada que vai de Sober a Doade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, atende estes días as queixas dos usuarios da estrada provincial 59-03 que une Sober con Doade. Os afectados amosaron a súa indignación polo feito de que a Deputación de Lugo veñan de dotar un novo pavimento entre os quilómetros 12 e 13, para sorpresa de todos os condutores.

A estrada atópase totalmente impracticable desde o quilómetro 8 en As Gándaras e o organismo provincial intervén estes días soamente nun tramo intermedio que ademais presentaba un estado de conservación mellor que o resto da estrada.

Tanto os usuarios como os veciños e veciñas que transitan pola estrada provincial trasladáronlle ao rexedor que se trata dunha obra “sen sentido”, o mesmo que “comezar a casa polo tellado”. Todos eles, ao igual que o alcalde, consideran que o lóxico sería iniciar o arranxo por Doade ou As Gándaras, pero non actuar á metade do camiño.

21 de outubro de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.