publicidade hoxe

Usuarios, familiares e veciñanza da asociación Amarai participarán nun magosto en Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O venres, 31 de outubro, a partir das 16 horas, as persoas usuarias e os profesionais do centro de recursos que ten Amarai en Boimorto (Asociación de Persoas con Discapacidade de Arzúa e Terra de Melide) vanse desprazar ata o multiusos Terra do Queixo para festexar un magosto todos xuntos.

Acompañados de familiares, amigos, veciños e socios de Amarai, é dicir, por unhas cincuenta persoas, a xornada iniciará coa realización dunha gimcana na que terán que superar as probas para pasar a un novo nivel e, posteriormente, asaranse sobre 10 quilos de castañas que serán acompañadas de música de baile.

Preto das 18 horas está previsto que remate a xornada de lecer.

 

30 de outubro de 2014 | 14:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.