Uns 250 rapaces visitan esta semana os Muíños do Batán e Castro das Croas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Patrimonio Histórico iniciou nestes días a campaña de divulgación entre os escolares do concello da intervención arqueolóxica no Castro das Croas e os Muíños do Batán. Serán arredor de 250 escolares de segundo e terceiro de Primaria. Esta mañá visitaron a escavación 50 alumnos de 5º de Primaria do CEIP Vidal Portela.

As próximas visitas serán:

• Mércores, 22 de outubro, uns 50 alumnos de 5º e 6º de Primaria do Colexio San Xosé. Será a partir das 11.00 horas.

• Xoves, 23 de outubro, ás 09.45 horas. CEIP San Martiño de Salcedo. Alumnos de 3º e 4º de Primaria

• Xoves, 23 de outubro, ás 11.30 horas, CEIP Vidal Portela de 6º de Primaria

• Venres, 24 de outubro, ás 09.45 horas, CEIP San Martiño de Salcedo. Alumnos de 5º e 6º de Primaria.

O percorrido da visita será o seguinte:

• Inicio no castro das Croas: visita ao xacemento arqueolóxico.

• Baixada ata os muiños do Batán e demostración do funcionamento dos muiños.

• Volta ao castro das Croas.

O percorrido ten unha duración aproximada de 1 hora e media e unha lonxitude de aproximadamente 1 km.

Os temas sobre os que xira a visita son:

• A cultura castrexa na historia de Galicia

• Cronoloxía e características do castro das Croas. Relación cos castros veciños

• Excavacións arqueolóxicas: metodoloxía e resultados

• Aspectos antropolóxicos: relación do pobo co espazo onde está o castro (usos e aproveitamentos do monte das Croas)

• Lendas do monte das Croas: a lenda da moura -Patrimonio etnográfico construído relacionado co río (usos e aproveitamentos): os muiños, regadíos…

• Patrimonio inmaterial relacionado co río

21 de outubro de 2014 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.