Unha ruta autoguiada dende o porto de Razo ata Baldaio permite percorrer a “Senda do Mar” de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

O proxecto Carballo, Senda do Mar, promovido polo Concello de Carballo a través do GAC-3, chega á fin cos seus obxectivos cumpridos. A Senda do Mar xa é unha realidade. Aproveitando os recursos existentes creouse unha ruta autoguiada dende o porto de Razo ata Baldaio que está sinalizada mediante 20 pivotes de madeira que conteñen unha etiqueta cun indicador QR a través do cal, mediante un dispositivo móbil, pódese acceder a contidos multimedia: audioguías, fotos, textos, vídeos… Ademais, este sistema esta xeorreferenciado, é dicir, é accesible desde portais como Google Maps, e permite continuar a ruta axudado do móbil. O usuario tamén pode acceder á realidade aumentada mediante o sistema Layar, de maneira que pode recoñecer todos os puntos QR/NFC existentes na zona, localizar os contidos en tempo real e, cun só clic, establecer a ruta dende a súa posición ata o recurso. Nos contidos dalgunhas etiquetas dáse a posibilidade, así mesmo, de participar nun xogo a base de preguntas tipo test.

O proxectoinclúe textos, unha galería fotográfica, 14 mini vídeos e 10 locucións breves, e todo ese material está disponible en seis idiomas: galego, castelán, inglés, francés, alemán e portugués.

As novas tecnoloxíasxogan un papel fundamental dentro do proxecto Carballo, Senda do Mar. Pero taménhai material de apoio, en concreto un folleto turístico nos seis idiomas do resto das ferramentas que ofrece sobre o espazo de Razo-Baldaio, un mapa de situación da ruta e cos aspectos máis importantes da franxa litoral carballesa (praias, accesos, miradoiros, elementos turísticos…), e outra información práctica de interese para o viaxeiro ou o sendeirista (teléfonos e recomendacións de conservación do entorno natural). En total imprimíronse 15.000 mapas (5.000 en castelán, 5.000 en galego, 2.500 en inglés, 1.500 en francés, 500 en alemán e 500 en portugués).

No marco do Plan de dinamización de ecoturismo Razo-Baldaiocreouseunha rede de empresarios turísticos, cos que setraballou para mellorar o seu nivel de calidade, boas prácticas, novas oportunidades de negocio de empresas sostibles social, ambiental e economicamente, ademais de ofrecerllesformación específica no sector da hostalería e o servizoao cliente. Definiuse un Manual de Boas Prácticas con criterios de calidade turística e ambiental para as empresas situadas no ámbito próximo de Razo-Baldaio, coobxecto de nivelar a súacalidade, fomentar o traballo en rede, conciencialos sobre a conservación e o apoio á difusión dos valores naturais do territorio do ámbito de actuación, etc. A través de visitas de campo a todos os membros da rede e a través de sesiónsconxuntasimplantouse o Manual de Boas Prácticas. Ademais, desenvolveuse un programa de talleres colectivos, nos que se formouaos participantes sobre diversos aspectos relacionados coespazo natural, o deseño de experiencias turísticas, a mellora nos procesos das empresas turísticas, o surf como actividadesostible diferenciadora e diversificadora do destino, etc. Leváronse a cabo taméndoustalleres de emprendementoe tres de turismo mariñeirocoobxectivo de crear unproduto turístico que difunda os valores mariñeiros do destino.

O Concello de Carballo seguirá a traballarnesaliña coa posta en marcha, nos vindeiros días, do proxecto CARBALLO MIRANDO AO MAR, financiado taménpolo GAC a través da convocatoria deste ano.

31 de outubro de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.