publicidade hoxe

Unha explosión rexistrada de madrugada causa importantes danos no Concello de Baralla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarallaSucesos
A-
A+
Europa Press
Danos no consistorio de Baralla

Danos no consistorio de Baralla

Unha explosión rexistrada sobre as 4.50 horas deste mércores causou importantes danos no Concello do municipio de Baralla (Lugo) e en edificios adxacentes, segundo informaron fontes da investigación.

O suceso está sendo investigado por expertos da Garda Civil, que enviou ata alí a membros dos TEDAX dende A Coruña, e todas as hipóteses están abertas, aínda que algunhas fontes apuntan a un artefacto explosivo. Unha das liñas de investigación que segue a Garda Civil apunta a Resistencia Galega.

Os danos foron especialmente graves na planta baixa da Casa do Concello. Como consecuencia do suceso, a zona foi acordoada e está cortado ao tráfico da N-VI ao seu paso pola zona urbana de Baralla.

O alcalde de Baralla, Manuel González Capón, do PP, protagonizou algunhas polémicas por declaracións relacionadas co franquismo, como afirmar que “os que foron condenados a morte” durante o réxime de Franco “sería porque o merecían”, durante un pleno municipal celebrado en 2013 no que se condenaron os actos de Resistencia Galega.

1 de outubro de 2014 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.