Un homer resulta ferido nun accidente de coche en Santiago
Un home resultou ferido na mañá deste venres na cidade de Santiago de Compostela tras colisionar o vehículo que conducía contra un terraplén.
Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu pouco despois das 8.30 horas deste venres na zona de Volta do Castro.
Ata o lugar do suceso desprazáronse axentes da Policía Local e persoal de Protección Civil, así como unha dotación de Bombeiros, que tiveron que liberar a vítima, atrapada no vehículo. O ferido foi asistido por unha ambulancia do 061.











