publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un grupo de veciños da Baña descobren a Serra de Cazorla e Granada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+
Grupo de excursionistas

Grupo de excursionistas

Un grupo de veciños e veciñas da Baña viaxaron do 21 ao 26 de setembro ao Sur de España. Do total de 58 excursionistas, 24 procedían da Baña. Durante a viaxe, que transcorreu nun agradable ambiente, os excursionistas puideron gozar de interesantes vistas. O tempo tamén axudou. Os participantes gozaron de temperaturas propias do verán. Os usuarios puideron gozar da gastronomía de Andalucía, das paisaxes de oliveiras de Xaén, das vistas de Serra Nevada, da costa de Almería co Mediterráno como protagonista.

Entre os lugares que visitaron destacan a Serra de Cazorla, a Alhambra de Granada, un espectáculo de flamento nas covas do Sacromonte, e a visita ao poboado de Tabernas en Almería.

31 de outubro de 2014 | 14:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.