publicidade hoxe

Un grupo de 26 veciños de Boiro visitan as minas de San Finx

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLousame
A-
A+
Grupo de veciños participantes na excursión

Grupo de veciños participantes na excursión

Un grupo de 26 veciños e veciñas de Boiro realizou unha visita guiada ás minas de San Finx, en Lousame, durante a que estiveron guiados por persoal do Concello de Lousame. Durante algo máis de unha hora, os veciños coñeceron a historia das minas e a súa evolución ao longo dos anos, facendo fincapé na importancia que a extracción de estaño e de wolframio tiveron para a comarca dende finais do século XIX ata despois da “febre do wolframio” na posguerra civil española.

Así mesmo, os asistentes coñeceron o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor o patrimonio da mina de San Finx. Un proxecto do que aínda queda unha última actuación: a adecuación dun tramo de galería subterránea para ser visitable polo público, o que convertería as minas de San Finx nun referente a nivel mundial no que a turismo, patrimonio industrial mineiro e interese xeolóxico se refire.

Esta visita súmase á realizada a finais da pasada semana por outros 14 traballadores da Sanidade pública, que participaron nunha ruta de sendeirismo por Lousame. Nesta ocasión, as fortes choivas caídas desluciron a visita, que practicamente quedou reducida ás actividades no interior dos edificios do complexo de San Finx.

20 de outubro de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.