publicidade hoxe

Últimos días para participar no Festival Internacional de Xardíns de Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A convocatoria para participar na edición 2015 do Festival Internacional de Xardíns de Allariz estará aberta ata o próximo 15 de novembro de 2014. O tema central do Festival será A música no Xardín.

As bases da convocatoria, aberta a todas as persoas que desexen participar, están dispoñibles na páxina web do Festival: http://www.allariz.com/festival.

Durante o mes de decembro, o xurado, formado por diferentes expertos do paisaxismo, as asociacións sectoriais e o Concello de Allariz, elixirá entre os proxectos presentados nos próximos meses. Os elixidos, terán a oportunidade de construír o seu xardín, que realiza integramente o persoal de Parques e Xardíns do Concello de Allariz.

31 de outubro de 2014 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.