Tres prescriptores canadenses enxalzan os viños de Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Cata dos prescriptores canadenses

Cata dos prescriptores canadenses

O Pazo de Mugartegui acolleu esta mañá a presentación e a primeira das actividades englobadas dentro da misión inversa promovida en colaboración co ICEX e composta por tres prescriptores canadenses que visitan por vez primeira a D.O. Rías Baixas. En concreto os tres xornalistas especializados en viños de diferentes provincias canadenses, Rodd Phillips, Marie-Helene Boisvert e Tim Pawsey, puideron catar un total de 20 viños Rías Baixas, todos eles presentes en mercados exteriores, aínda que non todos en Canadá. Segundo comentaba a responsable de Wines from Spain en Canadá, Pilar Randolph, todos eles quedaron gratamente sorprendidos coa frescura, as grandes posibilidades de maridaxe e as posibilidades destes viños no mercado canadense, cuxo mercado se concentra principalmente en Quebec, que concentra o 51% das vendas do viño español neste país, Ontario e Columbia Británica.

Todos os participantes nesta misión inversa coincidiron en destacar o gran interese que existe actualmente en Canadá polos viños brancos, e os Rías Baixas encaixan perfectamente cos gustos do consumidor canadense, moi similar ao europeo en canto a buscar viños frescos, limpos e expresivos, perfectos para unha maridaxe con mariscos ou peixes.

Tras finalizar a cata na sede do Consello Regulador, a misión inversa comezou as súas visitas a 8 adegas en tres das subzonas que compoñen a denominación de Orixe, Rosal, Condado e Salnés. Desde hoxe e ata o xoves estes prescriptores terán así a oportunidade de tomar contacto con adegas que venden xa os seus viños no mercado canadense, coñecendo a viticultura e a terra que dá orixe a estes viños atlánticos, información que transmitirán posteriormente a través de publicacións como Taste Magazine, Vancouver Courier, Cellier, ou Nuvo Magazine, revista de live style máis importante en Canadá, ademais das súas blogs persoais.

Canadá ocupa actualmente o posto nº12 no ranking de países importadores dos viños de Rías Baixas, con 77.000 litros exportados en 2013.

28 de outubro de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.