Tres individuos atracan a punta de pistola unha xoiaría na Coruña
Tres individuos atracaron este mércores unha xoiaría na cidade da Coruña disfrazados con perrucas e a punta de pistola cando había dous clientes dentro do establecemento.
Segundo relatou aos medios unha testemuña que estaba dentro do local, Cristina Santos, sobre as 11,30 horas entraron tres homes na Xoiaría Calvo, situada na Rúa Nova da Coruña.
A muller explicou que os individuos, que ían “moi mal disfrazados”, dixéronlles “en inglés con acento de Europa do Leste”, que se tirasen ao chan”.
No local había dous clientes e as dependentes no momento do atraco, que se meteron para a parte de atrás do mostrador, cando soou a alarma.
Cando chegou ao lugar un policía, un dos atracadores empuxouno e tirouno ao chan. Os asaltantes procederon a romper a porta de cristal do establecemento para poder saír.
Os atracadores, segundo o relato de testemuñas, levaron reloxos do local e dous deles, segundo indicaron as mesmas fontes, foron “pillados”.











