publicidade hoxe

Tordoia asina coa Xunta a acta de conformidade das axudas para as obras de rehabilitación da Casa do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaTordoia
A-
A+
Belén do Campo na reunión co alcalde de Tordoia

Belén do Campo na reunión co alcalde de Tordoia

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, asinaron esta mañá a acta de conformidade para a concesión da subvención destinada ao arranxo e mellora da Casa do Concello, financiada polo Goberno galego, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Coa firma do documento, o concello recibirá o pagamento da última das catro anualidades destas axudas, que, en total, supoñen máis de 92.500 euros. O proxecto consistiu na rehabilitación integral do inmoble, con actuacións na cuberta, a construción dun novo arquivo, a substitución das fiestras en mal estado e a instalación de novas portas, o pintado dos interiores e a colocación dunha nova caldeira entre outras accións.

Na súa reunión co rexedor, Do Campo manifestou o compromiso da Xunta cos pequenos concellos, como é o caso de Tordoia, así como co reequilibrio territorial, a través de medidas como o Fondo de Compensación Ambiental, que permite a moitos destes municipios contar cuns ingresos extras moi necesarios a través do canon eólico.

Do mesmo xeito, a máxima representante do Goberno galego na provincia aproveitou para analizar co primeiro edil os proxectos pendentes no municipio. Así, ofreceulle “todo o apoio, diálogo e cooperación” para dar resposta de xeito coordinado ás necesidades dos veciños e veciñas.

1 de outubro de 2014 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.