Terceira edición da Ágora Empresarial Ferrolterra
A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios, reunida no día de onte, entre outras cuestións, acordou a organización da 3ª edición da Ágora Empresarial Ferrolterra, que nesta ocasión desenvólvese baixo o lema de “Ferrolterra Lidera” e que conta coa colaboración do IGAPE, Abanca e o Centro Sociocultural Afundación.
A xornada terá lugar o vindeiro xoves, 6 de novembro, no Centro Sociocultural Afundación; nesta edición, a AEF, aposta por unha xornada para reflexionar, debater e profundar na importancia da competitividade das empresas, asociada á innovación e o liderado.
Noutra orde de cuestións, a Xunta Directiva da AEF analizou a situación do Recinto Feiral; considérase que FIMO debe ser un motor de xeración de actividades, emprego e un escaparate para as empresas e a comarca; non se pode prescindir do seu uso e explotación, principalmente cun interese xeral. A situación actual dista moito do obxectivo que levou á creación do ente e no que participaron de forma activa os empresarios a través do organismo cameral. Por unha banda, obsérvase a ausencia dun plan director que defina as actividades a desenvolver, a súa execución e a forma de participación na mesma dos actores sociais; por outra banda, é alarmante o declive das súas infraestruturas, especialmente o Edificio de Usos Múltiples.
Cabe sinalar, que a través dun contrato con FIMO, a AEF ten asignado un espazo no recinto feiral e que na actualidade non se cumpren os servizos pactados inicialmente. Ante esta situación, a Xunta Directiva aprobou na reunión de onte unha análise xurídica da poxa xudicial prevista en novembro e valorar a viabilidade de participar na mesma. Desde a AEF, considérase como un obxectivo prioritario o uso racional e máximo aproveitamento das infraestruturas públicas e neste caso estamos ante un espazo de 47.000 m2, que non pode estar nunha situación de subactividade.











