Servizos Sociais de Vilagarcía e Adicae informan sobre a xestión do presuposto familiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Asociación de Consumidores críticos, responsables e solidarios (ADICAE) en colaboración cos Servizos Sociais do Concello, impartirá o me´rcores unha actividade destinada a informar ás familias sobre a correcta xestión do presuposto doméstico e sobre como previr o sobreendebedamento. A sesión celebrarase no Auditorio, a partir das 18:00 horas e está aberta a todo o mundo. Técnicos da asociación tamén atenderán as consultas dos usuarios entre as 16 e as 18 horas, previa concertación de cita a través do teléfono 986 226642 ou do mail vigo@adicae.net

A xornada organizada pola ADECAE leva por título “Que non che tomen o pelo!” e ten como obxectivo ofrecer ás familias toda a información sobre os dereitos que teñen como consumidores e efectos de que os poidan facer valer en caso de abusos ou malas prácticas. Tamén se prestará especial interese en aclarar determinados conceptos á hora de contratar produtos bancarios ou crediticios, a efectos de que o usuario saiba realmente o que asina e tamén que teña coñecemento da información que ten que requirir á entidade bancaria e que lle deben deixar claro previamente.

27 de outubro de 2014 | 15:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.