publicidade hoxe

Sanidade baralla como hipótese do contaxio a manipulación do traxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreá
A-
A+
Europa Press

O Ministerio de Sanidade confía en ter “pronto” o resultado da investigación sobre as causas polas que puido infectarse de ébola unha auxiliar de enfermaría natural de Becerreá (Lugo). Unha das hipóteses nas que traballa é que o contaxio se puidera producir no momento de quitar o traxe de illamento, segundo informou o coordinador do centro de Alertas e Emerxencias do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón.

   “É difícil aínda decidir ou ter certeza do que sucedeu, forma parte dunha investigación, os resultados estarán pronto”. O responsable sanitario admitiu que as “hipóteses son moitas” e recoñeceu a existencia de “puntos débiles nos procedementos de aplicación do protocolo”.

   Neste sentido apuntou como unha das hipóteses nas que se traballa no momento de “quitar o traxe” pero precisou que existen outras “relacionadas con supervisión do proceso, riscos na manipulación, picadas, ou estar en contacto con fluídos que non se debería producir pero, por erro, puídose acceder a este tipo de material; todos estes procedementos deberán investigarse”.

   Simón recordou que as prioridades agora son o estado da traballadora enferma, garantir que non hai risco para a poboación e en terceiro lugar saber que é o que sucedeu e que provocou o contaxio.

8 de outubro de 2014 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.