publicidade hoxe

Samaín en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño prepara unha variada programación, dirixida a todos os públicos, para a celebración do Samaín, o día 31 de outubro.

As actividades abriranse con xogos infantís e un obradoiro de maquillaxe na praza do Concello, a partires das 16.30 h, onde os cativos serán os verdadeiros protagonistas.

Despois, a partires das 23.00h daremos un salto, un  salto terrorífico, coa saída do roteiro nocturno de Samaín, que sairá da Praza do Concello e percorrera diversos enclaves do Centro Urbano.  Rematarase no Recinto Amurallado onde os participantes poderán tomar un chocolate quente despois de tantos sustos. Todos os interesados en participar neste roteiro débense anotar no Concello, no teléfono 986 658 082 ou no mail telefonista@concellodesalvaterra.org.

27 de outubro de 2014 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.