publicidade hoxe

Salvaterra de Miño leva os lácteos ás aulas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Un ano mais o Concello de Salvaterra de Miño, a través da Concellería de Educación,  promove unhas xornadas de consumo de lácteos nos Centros Educativos do Municipio para crear hábito entre os nenos e nenas.

Máis de 1.100 nenos e nenas dos Colexios de Infantil e Primaria, do Centro Rural Agrupado e do Instituto serán os beneficiarios desta campaña de consumo de lácteos que organiza o Concello de Salvaterra.

Organismos Internacionais como a FAO e a UNESCO recomendan os   lácteos como alimento indispensable para a nutrición humana, xa que son especialmente ricos en proteínas e calcio de fácil asimilación, nutrientes moi importantes nas etapas de crecemento e desenvolvemento, así como para o mantemento da masa ósea e muscular.

O seu consumo ten grandes beneficios xa que é un excelente aporte de proteínas,  unha fonte natural de calcio, axudando a formar e manter ósos e dentes sans, conten fósforo, magnesio, potasio e vitamina A.

Un consumo diario ten uns grans beneficios, polo que con esta campaña  preténdese  promover e crear un hábito de consumo diario deste produto, a través do reparto de  iogures líquidos,  que cada centro distribúe de acordo co seu programa de actividades.

1 de outubro de 2014 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.