Sácase a licitación a adquisición do mobiliario para o restaurante do Museo de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra sacou hoxe a licitación a adquisición de mobiliario para o restaurante do Museo. Así o anunciou esta mañá o presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, que subliñou que o importe total do mobiliario se sitúa en 80.000 euros.

A subministración realizarase en dous bloques, un que se refire principalmente a mobles e grandes electrodomésticos e que se adxudicará por medio de concurso aberto, tal e como recolle hoxe o Boletín Oficial da Provincia, e outro para a adquisición de fornos e pequenos electrodomésticos que se contratará por procedemento negociado.

No que respecta ó concurso público, o orzamento deste bloque ascende a 53.527,98 euros e incluirá estanterías, placas de indución, mesas de traballo, mesas de soporte para fritidoras, campás extractoras, mostradores, baixomostradores, caixóns, expositores-refrixeradores de bebidas e bloques de cocción modulares, entre outros.

As empresas interesadas dispoñen de 15 días naturais para presentar as súas ofertas e, unha vez adxudicado e formalizado o contrato de subministración, disporán de 50 días para a entrega do mobiliario.

31 de outubro de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.