Rey Varela mostra o seu apoio ao proxecto de GRI Renovables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, cualificou como “moi positiva” a posibilidade de que unha parte das instalacións de Navantia Fene poidan ser utilizas nun futuro pola empresa GRI Renovables, pertencente á Corporación Gestamp, para a fabricación de compoñentes eólicos mariños.

O rexedor ferrolano asegurou que en caso de materializarse este proxecto se lograría un dos obxectivos que máis buscan a día de hoxe todos os gobernos, “como é a xeración de emprego” destacando ademais que Ferrol e toda a súa bisbarra “ten que estar a disposición de investimentos produtivos e que poidan diversificar” algo polo que “leva esperando esta bisbarra moitos anos”.

Así mesmo, adiantou que brindará “todo o apoio institucional que sexa necesario” para conseguir o asentamento de empresas que xeren emprego e tamén instou tanto á Xunta coma á SEPI a “lograr a consecución deste proxecto” para que esta bisbarra poida competir con outras posibles localizacións que se están a estudar a día de hoxe, como son “Reino Unido e Portugal”.

Na súa intervención, o rexedor tamén destacou a importancia desta empresa, “de nacionalidade española, pero que opera a nivel internacional”.

LUGAR ESTRATÉXICO

O interese de GRI Renovables para producir parte das pezas que compoñen un aerogenerador maríno vén motivado tanto pola posición estratéxica que ocupa este estaleiro, con posibilidades de entrada e saída de mercadorías por mar e tamén polo potencial da man de obra, debido á presenza en Ferrolterra de persoal cualificado nos labores de construcións metálicas, e de industrias auxiliares con solvencia máis que contrastada.

De cara ao futuro, GRI Renovables tamén proxecta poder construír nestas instalacións Jackets, as plataformas sobre as que se asentan os eólicos no mar.

Segundo as primeiras estimacións do proxecto, a inversión a realizar situaríase en torno aos 100 millóns de euros e poderíanse xerar entre 500 e 700 postos de traballo, dándose traslado deste tanto á Xunta coma á SEPI, a Sociedade Estatal de Participacións Industriais, propietaria do estaleiro de Fene.

31 de outubro de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.