Rey Varela e a xunta da concentración parcelaria asinan a proposta de masas comúns para Covas, Esmelle, Mandiá e Marmancón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Sinatura da proposta

Sinatura da proposta

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, conseguiu pechar hoxe todos os trámites da concentración parcelaria que dependen directamente da administración local coa firma da proposta de masas comúns. O primeiro edil da cidade reuniu esta mañá na Sala de Alcaldes da Casa Consistorial aos membros da Xunta da Concentración Parcelaria e a técnicos e responsables da Consellería de Mar e Medio Rural para poñer fin a máis de trinta anos dun proceso que tiña as súas orixes na década dos 80 do século pasado e que afecta ás parroquias de Covas, Esmelle, Marmancón e Mandiá.

Así as cousas, e unha vez ratificada na xornada de hoxe a formulación de masas comúns, soamente resta que a Administración autonómica dea firmeza ao documento para que os particulares identificados poidan comezar a cobrar. A concentración parcelaria iniciouse na década dos anos 80, e oficialmente comezou a andar a principios dos 90 coa constitución das bases. Nos seus inicios había 29.000 parcelas e se pecha con 5.000 parcelas con título de propiedade e rexistradas.

20 de outubro de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.