publicidade hoxe

Retómanse as obras do pavillón polideportivo do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado dos responsables municipais, visitou hoxe as obras do pavillón polideportivo do Grove, e cuxa execución se vén de continuar logo de resolverse as incidencias polos técnicos responsables.

A construción do novo pavillón polideportivo iniciouse o pasado 2013, e rematará nun prazo de catro meses. A nova instalación terá capacidade para 487 espectadores, cumprindo ademais coas normativas de accesibilidade e supresión de trabas arquitectónicas, o que permitirá o uso do edificio a calquera persoa, con independencia da súa idade ou situación de mobilidade reducida ou de discapacidade.

O custo total das obras ascenderá a 1.346.000 euros, dos que 746.000 euros corresponden á achega da Secretaría Xeral para o Deporte e os restantes 600.000 euros ao Concello do Grove.

21 de outubro de 2014 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.