publicidade hoxe

Retírase unha embarcación varada fronte á presa do río de Santa Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros retira unha pequena embarcación varada fronte á presa do río de Santa Cruz, que desemboca na praia desta localidade. O Concello tomou a decisión de retirala posto que, esta embarcación de dous metros de eslora, que non conta con número de folio, estaba situada xusto na saída do río de Santa Cruz, o que supoñen un problema importante de saneamento xa que está bloqueando a saída natural das augas. Un posible empeoramento meteorolóxico cun episodio de choiva pode provocar un atrancamento e inundacións no contorno do río e incluso a rotura da presa.

30 de outubro de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.