Réplica en cartón A “Casa Rosada” de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+
Maqueta da "Casa Rosada"

Maqueta da “Casa Rosada”

O centro social de Poio popularmente coñecido como “casa rosada” recibía esta semana un agasallo moi especial. Unha maqueta da fachada do concello realizada toda en cartón. Unha obra elaborada por Javier González coñecido desta casa xa que é unha das persoas coordinadoras de Galup ( Grupo de Autoaxuda Ludopatía) que realizan as súas sesións de terapia cada mércores no centro social.

Hai anos, xa recibiron das mans de Javier unha maqueta espectácular do propio centro social… maqueta que ten xa o seu lugar no salón do centro social. A concelleira da área Lidia Salgueiro Piñeiro agradeceu este xesto de amizade e transmitiulle o apoio que dende benestar social pode contar o grupo GALUP polo seu traballo tan necesario.

31 de outubro de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.